Follow
Top

STGO

[DOCUMENTAL] OCÉANO SURF MUSEO: ORÍGENES DEL SURF EN GALICIA

«O Concello de Valdoviño levará a cabo a presentación nacional do Océano Surf Museo na feira ExpoSurf, que se celebrará esta fin de semana en Avilés. Ata alí se desprazarán o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a concelleira de Turismo, Rosana García; Vicente Irisarri, en representación do Océano Surf Club, e representantes das escolas de surf do Concello –Iván Manso (Valdo Surf School); Samuel Pantín e Marcos Pita (Pantín Surf Camp) e Estitxu Extremo e David Pardo (Alawa Surf Camp)-.

ExpoSurf, a primeira feira de deportes de deslizamento no Norte de España, congregará a profesionais de todo o sector. E alí se dará a coñecer o primeiro museo adicado ó surf en toda a España. Será a partir das 13 horas no palacio de exposicións da Madalena de Avilés.

A feira, amais da zona de exposición, conta cun programa completo de actividades, demostracións a cargo de campións destes deportes e charlas. Marco no que se encadra a presentación do Océano Surf Museo. A previsión do Concello é abrir as súas portas a finais de verán, coincidindo coa celebración dos 30 anos do Pantín Classic, campeonato de surf que se celebra no municipio.

Ubicarase na Casa da Cultura, edificio emblemático premio nacional de arquitectura e, na actualidade, o Concello traballa man a man coas escolas de surf do municipio e co Océano Surf Club nos contidos das instalacións, nos que se repasarán os orixes e historia do surf, prestarase especial atención ós seus precursores en Galicia e, tamén, ó Pantín Classic, unha das competicións máis senlleiras e veteranas do circuito.»

AVANCE DOCUMENTAL SOBRE LA HISTORIA DEL SURF EN GALICIA

Un documental del Concello de Valdoviño
Producido por: stgo.es
Agradecimientos especiales: Jesús Busto, Vicente Irisarri
Rodado con Red Scarlet Dragon