Generando Emoción_

“En stgo realizamos proyectos globales y personalizados a partir del desarrollo de conceptos desde diferentes disciplinas, dotando al resultado de identidad propia”

SÍGUENOS
Siguenos
Top

STGO

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: Página web oficial

La finalidad COAG es poner de manifiesto el interés público de la arquitectura y divulgar sus beneficios, fortaleciendo el ejercicio profesional comprometido con la calidad de vida y un desenvolvimiento sostenible. El nuevo portal web realizado por Pablo González Fernández se nutre de este manifiesto para potenciar todo el trabajo de los arquitectos difundiendo sus trabajos y creando una comunidad.

Aínda que as actividades que desenrola organización colexial teñen un forte carácter transversal, pódense configurar entorno a catro líñas de traballo principais: a profesión, os membros, a propia organización e a sociedade. Todo, dende unha perspectiva de innovación e creatividade, de participación transparencia e independencia, de sostibilidade, de colaboración e aproveitamento de sinerxias con outras organizacións, de calidade, de responsabilidade social e cultural e dende a educación, a investigación e o coñecemento.

  • Garante a cohesión dos arquitectos galegos, defende os seus intereses e difunde o papel da profesión como actividade que crea de valor público.
  • Convértese nunha organización xeradora de coñecemento, comprometida cunha formación continua que se traduce na percepción social dos arquitectos como profesionais caracterizados pola calidade e excelencia do seu traballo.
  • Desenvolve con eficiencia a prestación de servizos, impulsando a innovación na xestión, optimizando o uso das novas tecnoloxías e realizando a súa actividade baixo os criterios de participación, transparencia e independencia.
  • Constitúese nun espazo aberto á sociedade, consciente da importancia dos arquitectos na sostibilidade ambiental e na mellora da calidade de vida, e que comparte coa sociedade o seu labor cultural de estudo e investigación en materia de arquitectura, planeamento e conservación do patrimonio construído.

colexio oficial de arquitectos de galicia

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia créase no ano 1973, por segregación do antigo Colexio de León, Asturias e Galicia (Decreto de 2 de maio de 1973). A Asamblea constitutiva ten lugar en Santiago no mes de outubro do mesmo ano. Desde entón a organización colexial desenrolou unha labor na que se combinan a atención aos aspectos profesionais e de servicio ao colexiado, coa incidencia na problemática de Galicia en aspectos culturais, sociais, económicos e de planeamento, procurando sempre a colaboración e a participación nas esferas político-administrativas, docentes e culturais.

A súa estructura político-organizativa aséntase en dous escalóns, o xeral, cos Órganos de Goberno nas oficinas centrais en Santiago e, o territorial, coas Xuntas Directivas nas delegacións de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol.

A xestión da organización colexial correspóndelle á Xunta de Goberno e ao seu Decano-Presidente, mentres que as Xuntas Directivas actúan por delegación de competencias da Xunta de Goberno.
Ademáis dos servizos de carácter obrigatorios que lle corresponden como Colexio Profesional, o Colexio de Arquitectos ofrece, entre outros, os seguintes: asesoramento técnico en materia de edificación e urbanismo, formación, cursos e charlas técnicas, asesoramento xurídico, edición de libros e da revista Obradoiro, arquivo histórico, exposicións, premios e becas.

Desde a súa creación os Decanos-Presidentes foron os seguintes: Andrés Fernández-Albalat Lois (1973-1977); Xosé Bar Boo (1977-1979); Juan González Cebrián (1979-1981); Xabier Suances Pereiro (1981-1983); Miguel Silva Suárez (1983-1986); Arturo Conde Aldemira (1986-1989); José Manuel Rey Pichel (1989-2003); Teresa Tabóas Veleiro (2003-2005); Celestino García Braña (2005-2011); Jorge Duarte Vázquez (2011-2013); sendo o Decano actual Antonio Maroño Cal.

 

Diseño Web, Responsive y Programación: Pablo González Fernández

Creación de contenidos: Carmen Pérez Parapar

Inserción primeros contenidos: Sabela Fraguío